Regulamento da marcha cicloturista XII EUROCIDADE BTT

  • A XII EUROCIDADE BTT a celebrar o 09/03/2025 está organizada pola Peña Ciclista Bicios Rías Baixas en colaboración coa Eurocidade Valença-Tui (Municipio de Valença de Minho e Concello de Tui), sendo esta unha marcha cicloturista FEDERADA.
  • A saída será ás 9:00.es – 8.00.pt desde a piscina Municipal de Valença, e a hora de chegada máis desfavorable estímase aproximadamente sobre as 15:00 no mesmo lugar.
  • O percorrido será por rúas, pistas e camiños forestais dos concellos de Valença de Minho e Tui. Haberá duas distancias 45 km e 75 km para que cada un dos participantes elixa segundo o seu nivel de preparación. Para poder realizar a MARATÓN de 75 km os participantes deberán pasar polo km.45 antes das 12:30.es-11:30.pt.
  • Esta marcha cicloturista non ten carácter competitivo, se non o de fomentar o contato coa Natureza, dando a coñecer as paraxes espectaculares destes dous concellos.
  • A idade mínima para poder participar é de 18 anos, e a máxima é de 70 anos.
  • Haberá un límete de 1.200 prazas para as inscrición á XII EUROCIDADE BTT.
  • A orde da parrilla de saída será por orden de inscrición de 0 – 100, 101 – 200  e así sucesivamente hasta os 500, a entrada o box respetarase  hata as 8:50 horas.
  • O dorsal e personal e intransferible, a persoa inscrita só poderá participar co dorsal asignado e acepta non permitir o uso do mesmo a outras persoas. Si unha persoa incumpre esta norma, está nunha situación de desamparo en caso de sufrir un accidente, pois os seus datos non consta para o seguro dá marcha, e polo tanto a organización como o seguro, non ten obriga legal de facerse cargo destes gastos.
  • Os participantes que non teñan o dorsal correctamente considerase alleos a proba e non terán dereito a gozar de ningún servizo, nin a organización terá ningunha obriga legal sobre eles.
  • Non se permitirá participar na proba a todo aquel participante que non presenta a Declaración Xurada no momento de recoller o seu dorsal. Para recoller o dorsal terá que presentar o DNI ou a Licenza federativa no caso de estar federado.
  • O importe das inscricións é:
  • Federados:
    • 12€ ata o 23 de febrero
    • 17€ dende o 24 de febrero ata o 2 de marzo ou completar inscricións.
  • Non Federados
    • 24€ ata o 23 de febrero
    • 29€ desde o 24 de febrero ata o 2 de marzo ou completar inscricións.
  • Será considerado participante nesta marcha cicloturista soamente a persoa que faga debidamente a inscrición, para o cal deberá realizar o proceso de inscripción a través da páxina web biciosos.gal e facer o pago da cota establecida mediante a pasarela de pago habilitada na dita web. Feito isto implicará que o participante acepta o presente regulamento.
  • Non se considerarán formalizadas as inscricións ata que se efectúe o pagamento, e as inscricións considéranse definitivas. En todo caso, os participantes que formalicen a inscrición anticipada (antes do 23 de febreiro) se non poden participar por algún motivo de forza maior, sempre que avisen por correo electrónico antes do 23 de febreiro, poderán recuperar a cantidade pagada, menos 2,00 € de comisión bancaria e perderá o dereito a recibir o agasallo. O resto de participantes, ou aqueles que non notifiquen a súa ausencia como se indicou antes do 23 de febreiro, non se lle devolverá a inscrición.
  • A organización ten contratado para este evento un seguro de Responsabilidade Civil.
  • A XII Eurocidade BTT é unha proba federada, e o seguro de Accidentes será o que corresponda a cada unha das federacións; Federación Galega de Ciclismo e Federación Portuguesa de Ciclismo. Todos os participantes estarán cubertos durante o tempo de participación de este evento deportivo coas coberturas de cada seguro según a normativa e leis de cada País; non facéndose responsable de ningún accidente nin gastos fora desas coberturas, debendo entenderse que os participantes inscritos asumen e coñecen os riscos do BTT. Os españoles que teñan un accidente no estranxeiro a cobertura máxima será de 6.000€.
  • Cada participante será responsable do seu propio material e bicicleta. No caso de avaría que lle impida continuar o percorrido, a organización tentará asistilo ou en todo caso recollelo no “coche-escoba”, que irá pechando a proba detrás dos participantes máis retrasados, para desprazalo ata o punto de saída/chegada.
  • É obrigatorio o uso do casco protector e máis levar o dorsal visible en todo momento da proba. O feito de non levar ambos suporá a descualificación do participante e polo tanto considerarase a todos os efectos fóra da marcha cicloturista.
  • O percorrido estará axeitadamente sinalizado e todo participante deberá respectar o itinerario e indicacións das forzas de seguridade e dos membros da organización.
  • A circulación non será cortada, polo que se deberá respectar en todo momento as normas do código de circulación, así como as indicacións das forzas de seguridade e dos membros da organización.
  • A organización resérvase o dereito a modificar todo o relativo ao horario de saída, itinerario, reagrupamentos, avituallamentos, agasallos, etc., cando motivos ou circunstancias así ou aconsellen. Ademais poderá expulsar da marcha, retirándolle o número, aos participantes que coas súas accións constitúan un perigo para os outros participantes ou demais usuarios das vías polas que se circule nese momento e tamén aos que non atendan as indicacións do persoal da organización; ou mesmo aos que non sexan respectuosos co ámbito natural.
  • Dispoñerase de vehículos e persoal de apoio e asistencia sanitaria.
  • O participante autoriza o uso de fotografías propias sempre que o seu uso teña relación co evento o que se suscribe. O formalizar a inscripción o participante admite que o organizador, poda facer uso da imaxe de todos os ciclistas en calquera formato xa sexa gráfico ou dixital e en todas as suas formas (radio, prensa, video, foto, DVD, internet, carteis, medios de comunicación, etc.) e cede todos os dereitos relativos a sua explotación comercial e publicitaria que consideren oportuno executar, sen dereito pola sua parte a recibir compensación económica algunha.
  • REGULAMENTO XII EUROCIDADE BTT 2025

Patrocinadores Institucionales

Patrocinadores Principales

Patrocinadores