Outro ano máis chega a BTT EUROCIDADE VALENÇA-TUI-VALENÇA. Nesta XIII edición imos intentar que desfrutedes de novo na compañía dunha chea de amigos, do percorrido, dos avituallamientos, das paisaxes, do bo ambiente, e por suposto, do Porco o Espeto que vos estará agardando ao final da proba.

Temos dous percorridos un de 39 km e outro de 71 km, o primerio deles coa intención de desfrutar do BTT e o segundo xa pensado para gozar e sufrir enriba da bicicleta. Haberá un punto de corte no km 39 (ao paso pola meta, na muralla Valença), de forma que aquel participante que non chegue a este punto antes do horario determinado (12:30.es – 11:30.pt), non poderá facer a ruta longa. No caso de que algún participante fora de control decida continuar o percorrido, non atopará sinalización, tampouco avituallamiento, nin irá acompañado de ningún “escoba” facéndoo exclusivamente baixo a súa responsabilidade, polo que libera expresamente á organización, ante todo tipo de accidente, incidente, lesión ou calquera eventualidade que puidese xurdir derivada da súa decisión.

A celebración da marcha está limitada a 1.200 participantes. A proba é libre de carácter non competitivo e será neutralizada ata o km 5.

O percorrido curto é de dificutade física media alta (1.000 m desnivel positivo), alcanzable para ciclistas con certa preparación física e o percorrido longo é de dificultade física alta e unha técnica media (1.800 m. desnivel positivo), pensada para os que queiran empregarse máis a fondo.

A saída dos primeiros 500 ciclistas será por orden de inscripción, así que… non o dubides moito e inscríbete xa!!

A saída dos primeiros 500 ciclistas será por orden de inscrición

Como en anos anteriores, o punto de saída será desde  Valença e a meta na fortaleza de Valença, a saída terá lugar ás 9:00 horas. Preparádevos para un percorrido novidoso, que percorrerá parte do  Monte Aloia e despois Monte Faro no que vos ides atopar unha gran variedade de terreos para a práctica do mountain bike. O circuito está pensado para que os bikers poidan completar os percorridos e que a experiencia resulte moi gratificante para todos/as, e como non, para os máis atrevidos/as contaremos con trialeiras xa pouco máis comezar, que estamos seguros que vos farán subir a adrenalina.

Comezaremos percorrendo as rúas de Valença, para a continuación percorrer a zona monumental de Tui pola celebración dos 800 anos da catedral de Tui,  comezar a subir por pistas anchas cara ao Monte Aloia.  Aos poucos kms xa comezaremos a disfrutar algunha trialeira para os máis atrevidos, ofrecendo coma sempre aos máis precavidos baixadas alternativas donde estará o primer avituallamiento liquido (km 16) para despois empezar a subir polos montes de Malvas unha subida totalmente nova dirección ao Monte Aloia donde encontamos o segundo avituallamiento, a pouco rato empezaremos as baixadas do Monto Aloia cas suas alternativas. Unha vez chegados ao centro de Tui, percorreremos o centro histórico baixando as icónicas escaleiras a través das cales chegaremos xa ao paseo fluvial, no que os participantes da ruta curta darán as súas derradeiras pedaladas. Despois da Ponte Internacional giraremos a dereita direccion fortaleza de Valença donde estará situado a meta para os da ruta corta e o corte para os que teñan folgos suficientes para facer a ruta larga (e cheguen antes das 12:30h es) encararán a segunda parte da proba. Comezarán a subir cara o Monte Faro con repeitos curtos, pero intensos, para chegar ao terceiro avituallamento (km 43)  para afrontar varios kilómetros con subidas sen descanso, ata chegar ao alto do Monte Faro. Alí habrá un corte para os participantes que van con pouco folgo e os primeiros se dirixirán hacia cara os eólicos do Faro, comezaremos a baixar a través de camiños tradicionais e das fermosas fraguesías do concello de Valença, que darán paso ao asfalto polas veiras do Miño, que nos permitirá ir soltando as pernas de cara a afrontar a subida final na muralla, onde vos estarán agardando os vosos/as acompañantes e ansiada meta.

Perfil ruta curta 39 km

Perfil ruta longa 71 km

Patrocinadores Institucionales

Patrocinadores Principais