
Reunidos, os técnicos de deportes de Tui, Valença e o Director da Proba, tomouse a decisión de CANCELAR o IX EUROCIDADE BTT polo Covid-19.
Despois de analizar todas a recomendacións, tanto do Goberno de España, Goberno de Portugal e Xunta de Galicia, e dada a situación excepcional de forza maior que seguimos vivindo en ambos países, decidimos CANCELAR a presente edición como medida preventiva, para garantir a seguridade de todos os participantes e veciños de Tui, Valença e alrededores polo Covid-19.
O tratarse dunha proba multitudinaria a nivel internacional entre España e Portugal, a visita de corredores, acompañantes e espectadores procedentes de diversos países e moitos lugares de España e Portugal, seguía supoñendo un risco de saúde pública.
Seguimos vivindo momentos moi delicados e son decisions complicadas, pero temos a obriga de ser responsables e prudentes cando a saúde das persoas está en xogo.
Dende a dirección da prova, queremos darvos as grazas, por ser tan comprensivos e pacientes ante as decisión que nos hemos visto obrigados a tomar. A cancelación do IX EUROCIDADE BTT representa a contribución máis importante, responsable e dolorosa que podíamos levar a cabo dende a Peña Ciclista Biciosos Rias Baixas para combatir o Covid-19, porque do que sí estamos seguros e que o Covid-19 o venceremos todos XUNTOS.
Vos emprazamos a seguirnos en redes sociais, porque dende xa empezamos a traballar na edición do 2021, esperamos veros a todos para disfrutar do que máis nos gusta, dar pedais.
Moitas grazas.