
Benvidos á IX edición do BTT EUROCIDADE VALENÇA – TUI – VALENÇA, este ano esperamos que poidas disfrutar dunha das probas maís esperadas dos últimos anos. Haberá dúas distancias 43 e 70 Km, onde esperamos que goces dabondo co percorrido e con todo o demáis: os avituamentos, o bo ambiente, o porco ó espeto, e co recontro e a copañía dunha chea de amigos. Esperámoste o vindeiro 20 de marzo.
Protocolo COVID:
Debido á situación actual da pandemia os seguintes puntos son obrigatorios:
1. O uso da máscara é obrigatorio dentro do recinto da proba(saída, pavillón, avituallamentos, meta)
2. @s participantes non poderán sacar as mascaras ata os 15 segundos antes da saída.
3. Dacordo coa normativa da Xunta de Galicia e Portugal, esíxese o certificado de vacinación coa pauta completa ou un test de antíxenos negativo (feito con antelación máxima 72h).
4. Segundo a evolución da pandemia actuarase conforme o indicado polas autoridades competentes.